Entrevistamos a Antonio Varela Mourelle, veciño de Parada autor do Belén que decora a Comandancia da Garda Civil en Pontevedra. Varela comentunos que a súa afeción lle ven desde pequeno e que na composición feita na Comandancia de Pontevedra interveñen preto dun cento de pezas que se poden visitar libremente nunha exposición aberta ao público. Antonio Varela aceptou o reto de Antón Xil de tentar o ano que ven facer un Belén xigante en Ponte Caldelas coa axuda dos nenos e nenas da Ludoteca Municipal e da Escola Infantil Papaventos. O desafía para o 2018 está xa en marcha.