Análise do triunfo de Inglaterra na semifinal da Eurocopa e das expectativas para España na final, con declaracións do seleccionador Luís de la Fuente e coa valoración do adestrador galego Raúl Caneda. Repaso ós movementos no fútbol galego: fichaxe polo Celta Fortuna do mexicano Emilio Rodríguez e declaracións do presidente do Deportivo e do director deportivo do club. Entrevista ó centrocampista Iago Novo, que se incorpora ó Pontevedra. Conversamos con María Araújo tras confirmarse o seu debut coa selección española nos Xogos de París.