A arbitraxe como xeito de vida, como un deporte, como un elemento de transmisión de valores positivos.
Milucho, árbitro de veteranos. Maceira, árbitro vocacional por mais de 25 anos. Pérez Pallas, árbitro profesional en 2ª e agora no VAR.
Tres veciños de Valladares que viñeron encher o Esperta de anécdotas:
-os nervios dos primeiros partidos pitados, as agresións por sacar tarxetas hai anos, a capacidade de saber ler o partido como unha "pitonisa" (que vai pasar en 15 segundos?)
-trucos para manexar a presión dentro do campo cos xogadores e fora do campo cos lobbies.
-anécdotas de arbitrar en Interbarrios e Torneo de San Campio...
Tan serios dentro do campo e logo, parrandeiros. Disfrutan das cuchipandas cos compañeiros, de ir miralos arbitrar. Son moi unidos. 180 árbitros en Vigo e 300 partidos cada semana.
Algún neno quere ser árbitro? As divertidas charlas de Pallas no Colexio de Árbitros de Vigo acaban de comezar.