Unha muller de avanzada idade foi atropelada esta mañá en Vilagarcía nun paso de peóns tras unha colisión entre dous vehículos na avenida das Carolinas.
Ata cinco teléfonos móbiles e un moedeiro con preto de cen euros, son algunhas das pertenzas que forman parte da lista de Obxectos Perdidos en Vilagarcía entre febreiro e marzo deste ano.
Vilagarcía incorpora unha trintena de operarios para reforzar, principalmente, os servizos de Obras e Parques e Xardíns.
EU de Vilagarcía denuncia que sete meses despois de que rematese o prazo, o grupo de goberno todavía non presentou a proposta de orzamentos nin chamou á oposición para a súa negociación.
A reforma integral do Pazo de Torrado, en Cambados,k comeza a súa tramitación. A Xunta de Goberno da Deputación aprobará este venres o proxecto presentado polo Concello cun investimento de case 800.000 euros.
A Illa de Arousa proxecta a renovación do pavimento da rúa Rubas cun investimento de 31.000 euros, financiado a través do Plan Máis Provincia.
Educación vén de licitar por máis de 240.000 euros as obras de reforma da cuberta do Centro Público Integrado CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia.
No Parlamento de Galicia, referencias hoxe á situación económica e de xestión na que se encontra a Confraría de Vilanova de Arousa a través dunha pregunta presentada polo grupo parlamentario do PSdG-PSOE na Comisión 8ª, de Pesca e Marisqueo.
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro asinaron hoxe o convenio de colaboración para á construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) por valor de 3,7 millóns de euros.