Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 01 07 26


Listen Later

O Salnés e gran parte da provincia entran dende hoxe en risco extremo de incendios forestais, segundo os parámetros que establece a Xunta de Galicia en relación a temperatura, a seca, a humidade do aire ou a forza do vento.
O comité provincial de coordinación policial contra os incendios forestais aborda as medidas que se poñen en marcha na loita contra os lumes, como un aumento das brigadas ou plataformas dixitais para a cidadanía.
Vilagarcía abre ao público a nova zona verde do Ramal: 4.300 metros cadrados con espazos verdes, zonas de descanso e paseo, arboredos, estanque e cafetería con terraza.
Sanxenxo estrea a nova liña circular do servizo de autobús urbano entre Dorrón, Bordóns e A Lanzada, integrada no convenio coa Xunta para reforzar o transporte municipal durante o verán.
A ambulancia medicalizada está dende hoxe en Sanxenxo, deixando a súa ubicación no Hospital Comarcal, coa oposición de BNG e PSdG por deixar sen cobertura asistencial o resto da comarca.
26 colectivos do mar, entre eles os integrados na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, presentan alegacións ao 4º Plano Hidrolóxico elaborado pola Xunta de Galicia para a Demarcación Galicia Costa no sexenio 2028-2033.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González