Entraremos na fin de semana con termómetros á alza, agardándose máximas de 35 graos o domingo e risco extremo de incendios forestais en toda Arousa e gran parte da provincia.
O incendio forestal declarado a últimas horas da pasada tarde en Tragove, en Cambados, arrasou finalmente 8.400 metros cadrados de superficie, a maior parte arborado.
O Servizo de Gardacostas de Galicia incorpora dende hoxe unha nova patrulleira que foi bautizada esta mañá en Vilanova pero que terá a súa base en Portonovo.
Sanxenxo abriu esta mañá oficialmente a tempada de verán co izado da bandeira azul na praia de Montalvo, un dos 18 areais do municipio que este ano volverán a ondear o distintivo medioambiental.
Vilagarcía ondea xa dende hoxe as bandeiras azuis concedidas ás praias da Concha Compostela e Bamio.Un recoñecemento que o alcalde, Alberto Varela, agarda recuperar en breve para o areal do Preguntoiro.
A sexta edición del festival Alén Metal Fest reunirá na Xunqueira o 11 de xullo a unhas 1.500 persoas para escoitar a cinco bandas encabezadas por Leo Jiménez e Nervosa.