Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 04 03 26


Listen Later

O goberno cancela o proxecto da Variante de Caldas tal como estaba deseñado e abre unha nova etapa paa reformular a mobilidade na zona.
A Mancomunidade agarda a coñecer os resultados dun estudo técnico e económico para decidir sobre a nova solución de canalizar a nova tubería de abastecemento para o Grove por terra.
O persoal do supermercado Alcampo de Vilagarcía está chamado a unha concentración convocada pola CIG para este venres en protesta pola “crecente precarización” das súas condicións laborais.
Vilagarcía destina un investimento de preto de 16.000 euros para tres actuacións de mantemento dos colexios do Carril, Vilaxoán e Educación Especial.
Ravella exixe á Xunta máis axilidade na anunciada ampliación do Polígono de Baión.
Esquerda Unida considera como “un fracaso absoluto” o modelo de aparcamentos disuasorios impulsado polo Concello de Vilagarcía.
A Concellería de Igualdade de Cambados organiza unha actividade para facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións de Semana Santa.
O CEIP de Rubiáns recibe en Madrid a mención honrífica polo seu proxecto “Muller tiñas que ser” contra a violencia de xénero e a favor da igualdade
Detida unha muller en Vilagarcía por agredir en plena rúa a outra muller coa que mantiña unha relación sentimental.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González