Pendentes da evolución da borrasca Leonardo. Hoxe mantense a alerta laranxa en todo o litoral por temporal costero nunha xornada na que a comarca de Pontevedra está a ser a máis afectada.
O PSOE reclamará á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial un plan específico de axudas para que os concellos poidan facer fronte ás numerosas incidencias provocadas pola cadea de temporais.
Vilagarcía volve a urxir á Xunta de Galicia o arranxo das catro estradas de titularidade autonómica que atravesan a cidade "ante a ausencia de solucións e o agravamento do mal estado".
Sanxenxo prevé realizar ao longo de 2026 o 50% pendente de executar das accións de goberno comprometidas ao inicio do mandato co reto de chegar aos 20.000 habitantes.
A décimo cuarta edición do Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés forma a unha nova promoción coa intención de superar o record do 90% de inserción laboral.
O Solifest contará con Maneiro, ex cantante de Herdeiros da Crus, para encabezar o cartel do festival que se celebrará o 19 de abril no Piñeiriño en beneficio da asociación Amencer Aspace.