Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 06 05 25


Listen Later

O paro baixou nas nosas comarcas o pasado mes, con descensos prácticamente xeneralizadas en todos os concellos.
O Salnés pechou o mes de abril con 206 parados menos para un total de 4.527, sendo Vilagarcía o concello que máis tirou do emprego con 64 persoas que encontraron traballo.
No caso do Barbanza, rematou o pasado mes con 2.370 persoas no paro e 45 desempregados menos, a maior parte procedentes de Rianxo, con -29.
Vilagarcía pon en marcha o plan de reparación de beirarrúas. A Xunta Local de Goberno vén de aprobar a súa adxudicación á empresa Moncosa por importe de 47.781 euros.
A Xunta Local de Goberno de Vilagarcía ratifica a cesión ao Concello dunha parcela no barrio dos Duráns, co obxectivo de habilitala como aparcamento disuasorio.
O PP de Vilagarcía exixe explicacións ao Goberno de España tralo afundimento rexistrado o pasado mes de abril en parte do estacionamento da estación de tren de Vilagarcía.
Cambados recurre ao Plan Máis Provincia para mellorar as redes de saneamento e abastecemento de auga nas parroquias de Vilariño, Corvillón, Castrelo e Cambados cun investimento de 300.000 euros.
Chega ao Meis o proxecto Palabra e Memoria, unha iniciativa que se ven realizando na comarca para visibilizar e poñer en valor o sus do galego nos epitafios dos cemiterios.
Meis celebrará o 17 de maio a segunda edición da Romería das Letras Galegas. Será a partir das 11.30 horas da mañá na Finca de Parga.
A Policía Local de Sanxenxo detivo a un mozo de Portonovo de 20 anos tras entrar nun domicilio particular e ameazar de morte cunha navalla ao propietario.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González