Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 07 03 25


Listen Later

Xornada véspera do 8M que acolle numerosos actos reivindicativos en conmemoración do Día da Muller por coincidir o 8 de marzo en fin de semana. Foi o caso de Vilagarcía, Cambados ou Sanxenxo.
A Illa de Arousa porá en marcha este verán medidas para mellorar o tráfico, a seguridade e a accesibilidade nas zonas máis transitadas da localidade. Entre elas un bus lanzadeira ou zona azul en Area da Secada.
O Plan de Emprego da Mancomunidade do Salnés da saída laboral a unha nova promoción de especialistas en Xestión de Almacén tras formarse nos distintos procesos polos que pasan as mercadorías.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a Confraría de Pescadores Santo Antonio de Cambados, que recibiu unha axuda da Xunta de 77.500 euros para a compra de dúas carretillas eléctricas.
A chuvia anunciada para o sábado e o domingo está a provocar que se suspendan algunhas das actividades de Entroido previstas para a fin de semana, como en Vilaxoán, Sanxenxo ou Pontevedra. Sen embargo o Momo segue adiante, alomenos de momento.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González