Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 07 05 25


Listen Later

Nova operación contra o narcotráfico enArousa. Oito persoas detidas e cinco rexistros nun operativo desplegado en varios puntos da comarca coa incautación de pequenas cantidades de heroína, cocaína e haxis.
Investígase o incendio rexistrado esta pasada madrugada nun garaxe dun edificio de tres plantas ubicado na urbanización Veiga de Lamas, en Carril, que calcinou por completo tres vehículos e afectou a outros dous.
O Concello de Vilagarcía investiga a orixe e composición dunha mancha de aspecto barrento que apareceu a ultimas horas da pasada tarde no extremo sur da praia da Concha, xunto ao peirao do Ramal.
Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados coa bandeira azul outorgada por Adeac, cun total de 17 distintivos, os mesmos que en 2024. Galicia consolida a súa terceira posición cun total de 108.
Continúa a folga nas residencias de maiores privadas nunha cuarta xornada do paro convocado polo sindicato CIG. As mobilizacións trasladáronse hoxe ao centro Servisenior de Vilagarcía e ao de Domusvi de Ribadumia.
Vilagarcia inicia o ensanche e mellora do firme no camiño Monte de Aralde, grazas á cesión dunha parte dos terreos polos seus propietarios.
Vilanova sustitúe 50 luminarias na estrada vella de Vilanova a Corón por tecnoloxía led.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González