Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 07 05 26


Listen Later

Xornada marcada pola folga do metal que está a ser seguinda por unha ampla maioría dos 30.000 traballadores afectados da provincia en demanda dun novo convenio que mellore as condicións salariais.
O servizo de emerxencias municipal de Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo vehículo autoescada que permitirá unha mellora nos rescates en altura, adquirido a través do convenio entre o Concello e a agrupación de Protección Civil.
Un total de 87 socorristas despregaranse este verán nas principais praias de Sanxenxo, nalgunhas delas xa desde o próximo mes de xuño, como é o caso de Silgar, Areas, Panadeira, Canelas e Montalvo.
A Illa de Arousa proxecta a restauración ambiental do piñeiral do Cabodeiro a través dunha subvención de 58.000 euros de fondos estatais, xestionada pola Consellería de Medio Ambiente.
A Mancomunidade do Salnés busca a colaboración da Xunta para impulsar o seu proxecto estratéxico orientado á desestacionalización turística con productos como o Slow Bussines, a oferta Pet Friendly ou a apertura ao mercado chinés.
A Fundación Galega contra o Narcotráfico e a Xunta de Galicia reafirman a súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas a través dun novo convenio por valor de 36.500 euros.
Vilagarcía acollerá este sábado o V Torneo Santa Rita de Rugby 7, organizado polo club Os Ingleses, coa participación de 250 deportistas de 18 clubes de Galicia e Portugal.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González