Investíganse as circunstancias de dous dous accidentes, afortunadamente sen víctimas, rexistrados nas últimas horas en viais de Ribadumia.
Os vehículos implicados en ambos casos ainda permanecían esta mañá á espera de ser retirados das cunetas onde acabaron.
A Deputación de Pontevedra executará a mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre Xil, Covas e Barrantes. O proxecto inicia o proceso de licitación cun orzamento de 1,3 millóns de euros, financiados íntegramente polo organismo provincial, e un prazo de execución de seis meses.
O Concello de Vilagarcía avanza na reforma integral do campo de Berdón.
Nesta ocasión, a Xunta de Goberno Local acordou a mellora dos vestiarios, que inclúe a colocación de dous novos acumuladores de auga e a instalación de nove urinarios. O investimento é de 4.500 euros.
O PP de Vilagarcía critica “a inacción do goberno de Varela con respecto ao PXOM” e denuncia “unha nova mentira” por parte do executivo municipal.
Segundo aseguran os populares, o Goberno de España ratificou por escrito que desde xaneiro de 2022 no recibiu ningún papel do Concello relativo ao Plan Xeral.
O Concello de Sanxenxo adheriuse ao plan “Concellos reto demográfico +Renovables” da Deputación, con fondos provinciais e estatais do IDAE e financiación europea, para optar a unha subvención de 113.000 euros destinada á instalación de 185 paneis fotovoltacios na cuberta do pavillón municipal de Baltar.
O Concello do Grove ven de rematar a renovación do parque infantil do colexio Rosalía de Castro. A actuación está financiada a través do remanente de tesourería, que xa está executado no 60%, e enmárcase no plan de mellora dos espazos infantís do municipio.
Último episodio do conflicto xurdido no sector do marisqueo a pé da Confraría do Grove. A patroa maior, Mari Carmen Besada, atribúe a crise a unha “campaña de desinformación e manipulación da realidade".
O comercio ‘Tijeras diseño’, situado na rúa Castor Sánchez, foi o gañador do concurso de escaparatismo de Nadal organizado polo Concello de Vilagarcía. Un primeiro premio que supón unha recompensa económica de 595 euros.