Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 08 05 26


Listen Later

A circulación ferroviaria volveu á normalidade trala interrupción do servizo esta pasada noite debido a unha incidencia rexistrada en Vilagarcía cando un home encaramouse á catenaria ameazando con tirarse.
Portos de Galicia comeza a renovación da balaustrada do Paseo do Preguntoiro, en Vilaxoán, cun investimento de 50.000 euros que contempla o arranxo da beirarrúa e a sustitución do mobiliario urbano.
Na Illa de Arousa, Inícianse os traballos de humanización das rúas Marqués de Bradomín, Naval e Alcalde Manuel de Graña, cunha inversión total de 499.000 euros financiados integramente con fondos provinciais.
Un estudio pioneiro da Universidade de Vigo que analizará o perfil físico e sociocognitivo das persoas maiores de Sanxenxo para mellorar a súa calidade de vida.
O Bloque Nacionalista Galego ratifica por unanimidade a candidatura de Miguel Anxo Fernández Lores para revalidar a Alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2027.
Chega a Vilagarcía o "Ronqueo de atún bermello" unha novidosa actividade impulsada pola Tapería Baldosa e a empresa Novomar Arousa, en colaboración co Concello, que terá lugar este domingo na Praza de Abastos.
O Atlantic Fest incorpora a Los Planetas e Joe Crepúsculo ao cartel do seu décimo aniversario que se celebrará do 17 ao 19 de xullo na Praia da Concha.
O Curtas Festival do Imaxinario estará presente no Festival de Cannes, que se celebra do 12 ao 23 de maio.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González