Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 09 01 25


Listen Later

Un novo operativo desmantelou unha banda albanesa de narcotráfico implicada na introducción de droga no porto de Vigo con máis de 1.000 kilos de cocaína incautados e nove persoas detidas.
O exconcelleiro de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, compareceu esta mañá ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Vilagarcía como investigado trala denuncia do alcalde de Ribadumia David Castro polo perfil satírico co nome do rexedor, xa eliminado, na rede social Facebook.
O Concello de Vilagarcía inicia as obras de rehabilitación da cuberta do edificio da casa consistorial, despois de que se detectasen filtracións no Salón Nobre e nunha antesala da da fachada principal que estaban danando os teitos e os elementos decorativos do interior.
A oficina de asesoramento para inmigrantes da ONG Accem comenzará a funcionar o próximo 29 de xaneiro na sede dos Servizos Sociais do Concello en Portonovo, una vez ao mes e con cita previa.
Cambados e Vilanova todavía manterán o alumeado navideño uns días máis. No primeiro caso, as luces non se apagarán ata este domingo para animar as compras no comercio local nesta primeira semana de rebaixas. En Vilanova, volverán a prenderse o día 15 de xaneiro con motivo da festa de San Mauro.
O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis presentou a súa memoria anual relativa a 2024, que reflicte unha intensa actividade, destacando especialmente os operativos preventivos e a atención a accidentes de tráfico.
O Concello de Vilagarcía participará este ano por primeira vez no Club de Debate promovido por varios municipios de Galicia co fin de fomentar o uso do galego en contextos formais e informais.
O Concello de Cambados disporá a partir de febreiro dun Centro de Capacitación Dixital na Casa de Cultura de Vilariño para impartir cursos de informática gratuitos.
O Colexio O Cruceiro xa ten a súa propia cápsula do tempo na que se resguardarán para sempre as manualidades e vídeos realizados polo alumnado durante a ludoteca de Nadal.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González