Un novo acto vandálico dana con pintadas o xacemento do Castro Alobre de Vilagarcía. O goberno local denuncia os feitos e encarga a restauración dos danos.
Aprobada a esperada rehabilitación do pavillón de deportes de Bamio cun investimento de 83.000 euros nunha primeira fase das obras.
O PP de Cambados denuncia a existencia de graves deficiencias na piscina municipal e acusa ao goberno local de non executar os traballos de mantemento necesarios.
En Sanxenxo, avanza a excución das obras do Ciclo de Agua con actuacións en catro parroquias e un investimento de 256.520 euros.
Meaño inicia as obras de pavimentación e mellora do vial municipal interior que une os núcleos de poboación de Pedras Roibas, Pazo do Monte e a Balada.
O PP do Grove estima que a“falta de xestión” do goberno local en cuestións municipais poderían supoñer ao Concello un impacto económico de 700.000 euros.
Unha veciña de Caldas gaña a Camelia de Ouro na IX edición da Mostra Internacional de Cambados.
Vilagarcía acollerá o 13 de marzo unha xornada aberta de *bordado pola
memoria* para manter vivas as historias das persoas galegas detidas e desaparecidas durante a ditadura arxentina.
Sanxenxo súmase á Hora do Planeta o 28 de marzo apagando a luz de varias rúas da localidade.