Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 10 02 26


Listen Later

Unha nova cadea de borrascas deixaranos de novo unha semana de chuvias e vento. Agora é a quenda da borrasca Nils, que chegou con vientos no demasiado fuertes, pero con precipitaciones muy abundantes de madrugada, ata preto dos 30 litros por metro cadrado nalgunhas zonas da comarca de Pontevedra.
En Cuntis, o río Gallo xa desbordou esta mañá nalgúns puntos da localidade e en Caldas tamén se está vixiante ante o caudal do río Umia, que previsiblemente seguirá crecendo durante a xornada.
En Meis, unha árbore caeu este sábado enriba do lavadoiro da Aldea Labrega, situada na Ruta da Pedra e da Auga, causando grandes destrozos.
As grandes cantidades de chuvia que levan caido dende que comezou o ano está a agravar a situación do marisqueo na ría de Arousa. O sector urxe á Xunta un plan de rexeneración integral cando as perdas chegan case aos 60 millóns de euros nos últimos cinco anos.
O Goberno de España abre a vía para que as persoas e entidades damnificadas polas borrascas dos últimos meses soliciten axudas para a recuperación tras declarar zonas afectadas por emerxencia de protección civil en 14 comunidades, entre elas Galicia.
A Fundación Municipal de Deportes e o Arosa Sociedad Cultural deciden trasladar o partido de liga desta fin de semana ao campo Manuel Jiménez ante o delicado estado da Lomba.
Vilagarcía contrata traballos extraordinarios por valor de 36.000 euros para reparar os danos que está a provocar a sucesión de temporais na rede viaria municipal.
O PP da Illa de Arousa reclama ao goberno local a paralización inmediata da imposición de multas de tráfico pola circulación nas zonas rexistrinxidas da vila ante o que denuncian como numerosas eivas e erros na súa xestión.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González