Vilagarcía reúne a estas horas a Mesa Local de Comercio co obxetivo de abordar a reorganización do mercado ambulante.
Comezan as obras de reposición de lousas danadas na rúa Valentín Viqueira para sustituir unhas 60 pezas que se atopan desgastadas polo paso de peóns e ocasionalmente de vehículos.
Bota a andar a Residencia de Maiores Meis, ubicada na Goulla, no que foi o antigo Motel Montecarlo. Un inmoble totalmente reconvertido que ten capacidade para 59 persoas, repartidas entre 27 habitacións dobles e 5 individuais, cuha plantilla formada por 19 traballadores.
En Sanxenxo, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), en colaboración coa Policía Local iniciou este luns unha campaña de vixilancia intensiva do uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil (SRI).
Cinco arousáns formarán parte dos órganos de dirección do PsdG-PSOE trala celebración esta fin de semana en Santiago do decimoquinto congreso do partido.
Uns 170 alumnos e alumnas do colexio A Escardia de Vilagarcía visitaron esta mañá o Concello tras unha marcha dende o centro de ensino portando pancartas e carteis para reivindicar a igualdade.