Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 10 03 26


Listen Later

Desartellado un grupo criminal especializado na suplantación de identidade para estafar a entidades bancarias. Parte das víctimas son de Vilagarcía e O Grove.
Vilagarcía contrata con urxencia á empresa Plagal Control de Plagas para actuar canto antes no centro sociocultural de Rubiáns.
Os terreos do Pombal xa son oficialmente titularidade do Concello de Cambados. O subdelegado do goberno, Abel Losada, e o alcalde Samuel Lago visibilizaron o traspaso definitivo dos 41.000 metros cadrados de superficie, ata agora en posesión de Costas do Estado.
Novo impulso á vivenda pública en Sanxenxo. O Concello cede á Xunta un solar na rúa das Cunchas para 40 novas vivendas destinadas a aluger para menores de 36 anos.
A CIG conmemora hoxe o Día da Clase Obreira Galega con mobilizacións en toda Galicia, que en Vilagarcía partirá ás 19.30 horas da Praza de Galicia.
O Goberno de España inicia en Cuntis, na N-640, os traballos de reparación das estradas nacionais afectadas polos danos provocados polos temporais dos últimos meses.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González