Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 10 11 25


Listen Later

Unha veciña de Vilagarcía detida pola Garda Civil tras ser interceptada na peaxe de Teo tras recorrer la autopista en sentido contrario e dar positivo na proba de alcoolemia.
Investigados dous veciños de Vilagarcía e unha muller de Caldas como presuntos autores dun roubo con forza no que sustraeron 160 kilos de cable telefónico en Zas.
A Ministra de Defensa, Margarita Robles, comproba en Urovesa o avance do novo vehículo de exploración e recoñecemento terrestre que se está producindo na factoría valguesa.
O persoal do servizo de limpeza do Hospital do Salnés irán á folga 15 días en novembro e decembro en demanda de equiparación das súas condicións laborais coas das plantillas doutros hospitais de referencia.
Xa hai data para que a renovada rúa Clara Campoamor de Vilagarcía poida ser utilizada pola veciñanza tras un investimento municipal de 660.000 euros. Será este venres tras colocar o mobiliario urbano e os puntos de luz que faltan.
O Grove pon en marcha un plan de mellora de infraestructuras viarias municipais comezando pola renovación integral da rúa Caldelas e a recuperación do paso peonil que a enlaza coa avenida de Xoán XXIII.
O CIM de Sanxenxo leva atendidas este ano a 216 víctimas de violencia machista, cifra moi superior ás 145 do pasado ano.
O actor e monologuista Xosé Antonio Touriñán regresa a Vilagarcía, desta volta da man de David Perdomo, para presentar o seu novo espectáculo de humor, "Amoriños". Será o 13 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González