Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 11 02 25


Listen Later

O Intituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, ubicado en Vilaxoán, designado hai catro anos como laboratorio referente nacional para a análise de biotoxinas mariñas, debe transformarse en axencia pública autonómica,
O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visita o Intecmar despóis de presenciar unha recollida de mostraxes na ría de Arousa.
A Audiencia Nacional alonga seis meses máis a instrucción sobre o naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova.
En Vilagarcía, a Xunta de Goberno Local adxudicou a Marconsa a humanización de Conde Vallellano por importe de 552.300 euros en un prazo de seis meses.
A corporación municipal do Grove volveu a aprobar provisionalmente e por terceira vez o PXOM, cos votos favorables de PSOE e EU e as abstencións de PP e BNG.
Tras anos de espera, a desexada reforma da Casa do Mar de Cambados está máis preto trala adxudicación da redacción do proxecto á empresa Freire y Vázquez Arquitectos SLP, a única presentada ao concurso, por importe de algo más de 79.000 euros.
Portos de Galicia accede á reversión da totalidade dos terreos solicitados polo Concello da Illa de Arousa ubicados na Praza do Regueiro e na zona do Campo.
O Concello de Ribadumia convoca a segunda edición do Concurso e Desfile Infantil de Disfraces e Carrozas de Entroido, que terá lugar o luns 3 de marzo.
A empresa chinesa Sungrow vai poñer en marcha no polígono de Nantes, en Sanxenxo, o primeiro almacén en Galicia de electricidade con baterías, contando cunha achega do Goberno de España de 1,6 millóns de euros.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González