Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 11 02 26


Listen Later

Nova xornada de temporal, desta volta provocado pola borrasca Nils con alerta laranxa por ventos que poden superar os 80 kms hora e chuvias de máis de 40 litros metro cadrado en doce horas.
A Garda Civil abriu unha investigación para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean o afundimento do bateeiro Nueva Santa Irene fronte ao porto de Meloxo, no Grove.
A Garda Civil, a Policía Nacional e o Servizo de Vixiancia Aduaneira manteñen un amplo desplegue operativo na Ría de Arousa en busca dun novo narcosubmarino.
A finalización das obras de humanización da fachada marítima do Ramal, en Vilagarcía, retrásanse ata o 30 de abril. O Concello aprobou a solicitude de Marconsa para ampliar o prazo de execución da obra.
Vilagarcía desenvolverá en 2026 un novo plan de calmado do tráfico consistente na instalación de medidas redutoras da velocidade nun total de dez rúas urbanas e rurais do municipio.
Sanxenxo adxudicará a Construcciones Castro Figueiro a rehabilitación do edificio Multiusos de Portonovo.
A situación do Grupo de Emerxencias Supramuniciais de Sanxenxo chega ao Parlamento galego a través de varias iniciativas presentadas polo BNG
Cambados traslada a celebración da programación de Entroido en exteriores para as últimas fins de semana de febreiro debido ao mal tempo.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González