Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 11 03 26


Listen Later

Pablo Leiva demite como concelleiro do PP do Grove e como líder do partido local debido á "elevada carga de traballo" no seu bufete de avogados.
Rescatados dous mariñeiros do Grove polo Servizo de Gardacostas de Galicia tras sufrir unha avería no barco no que navegaban na contorna da Illa de Ons.
Cambados acollerá durante tres anos un proxecto europeo de voluntariado ambiental impulsado pola Fundación Conde Taboada en colaboración co Concello para recuperar dúas hectares do seu litoral.
O BNG organiza este venres un acto aberto na Illa de Arousa para abordar as principais problemáticas que afectan ao sector do mar.
Comezan as obras de mellora da seguridade viaria na marxe dereita da estrada provincial EP-9206 Portonovo-Vichona, cun investimento provincial de preto de 154.000 euros.
Meaño inicia a mellora do vial municipal interior que une os núcleos de poboación de Pedras Roibas, Pazo do Monte e a Balada.
Pedro Blanco confirma que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible anulará o proxecto da Variante Oeste da N-640 ao seu paso polo municipio e reformulará a actuación "evitando grandes afeccións territoriais".
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González