Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 11 04 25


Listen Later

O sector vitivinícola do Salnés recibiu hoxe unha doble cita política para abordar a situación creada ante a crise arancelaria imposta por EEUU.
O secretario xeral do PSdG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, pediu dende Martín Codax a implicación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda con medidas impulsadas dende o seu goberno e instou ao PP a apoiar no Congreso o decreto anunciado polo goberno de España.
O BNG reclama medidas de acompañamento técnico e financeiro por parte da Xunta para o sector vitivinícola, como expresaba a voceira nacional Ana Pontón que esta mañá se reuniu en Cambados coas cooperativas do Salnés.
E dende o sector, as grandes adegas como Martin Codax, Paco & Lola o Condes de Albarei sitúanse en medio da incerteza, vivindo con preocupación unha posible recesión económica global que poida diminuir a demanda.
Vilagarcía aumenta a súa implicación coa compostaxe e amplía con catro novos módulos o centro comunitario do Piñeiriño ante os bos datos recollidos neste barrio, que o sitúan como un dos que máis biorresiduos recicla.
En Sanxenxo, cinco empresas optan a executar as obras de mellora da contorna da capela de San Amaro de Arra, cun orzamento base de 276.739 euros, financiado integramente a través do plan +Provinicia da Diputación.
Cambados ten todo preparado para o inicio esta tarde dunha nova edición da Festa dos Viños Espumosos, Essspop!, que este ano cambia de data coa intención de mellorar a promoción do producto.
Barro celebrará os días 26 e 27 de abril a segunda edición da Feira do San Amaro, organizada pola concellería de Festas, Feiras e Turismo en colaboración coa comunidade de Montes da Portela e o Grupo de Danzas Amor Ruibal.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González