O BNG condiciona o acordo de orzamentos co goberno de Vilagarcía a un calendario de aplicación dos proxectos, á compra dunha parcela para unha residencia de maiores pública e avances na recuperación do Balneario para uso público.
Vilagarcía adxudica o sistema de xestión que permitirá aplicar as bonificacións no parking Xoan XXIII.
Sanxenxo comezará nos vindeiros días as obras de de mellora da accesibilidade peonil no último tramo do Paseo de Silgar que inclúen a polémica intervención na balaustrada de pedra.
Gran asistencia de público na III Festa do Albariño en Vitoria que para a Mancomunidade do Salnés confirma o interese da oferta enogastronómica e turística da comarca.
O Grupo de Acción Local Pesqueira da Ría de Arousa leva este martes ao ambulatorio de San Roque en Vilagarcía a campaña "Alimentos do mar, alimentos de vida".
Cambados acolle o martes 19 de maio unha charla para persoas maiores sobre seguridade vial con reparto de chalecos reflectantes.
O CRA de Ribadumia primeiro premio na categoría de Educación Infantil en disciplina mural do concurso escolar A Viaxe de Gotiña, impulsado pola Deputación de Pontevedra.