Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 11 06 26


Listen Later

Continúa o operativo de busca do veciño do Grove cuxas pertenzas foron atopadas hai dous días nunha rocha da praia de Lavandeira. De momento ninguén denunciou a súa desaparición nin se puido contactar con familiares ou amizades.
Xa hai indicios da autoría das pintadas realizadas esta semana na Igrexa de San Bieito de Fefiñáns, en Cambados.
A Garda Civil investiga o incendio rexistrado a pasada tarde na Rúa dos Olmos que calcinou tres contedores e un vehículo estacionado na calzada.
En Sanxenxo, a Garda Civil e a Policía Local volverán a intensificar a súa colaboración este verán para que a localidade siga sendo un concello seguro durante os meses estivais nos que se cuadruplica a súa poboación.
Vilagarcía saca a licitación a creación do novo depósito de vehículos da Policía Local que se ubicará na finca municipal do Pousadoiro que permitirá liberar o parking soterrado da Concha para estacionamentos bonificados.
Vilagarcía recibe en Madrid a "Escoba de Oro 2026", galardón internacional en recoñecemento aos avances en materia de limpeza urbana, xestión de residuos e innovación.
O PP de Vilagarcía denuncia o abandono do rural e exixe un plan de desbroce ante a falta de limpieza nas parroquias.
Bodegas Martín Códax celebrará unha nova edición do ciclo musical Os Xoves de Códax os días 16, 23 e 30 de xullo e 6 e 13 de agosto con Natalia Lacunza, Antía Muiño, Xabier Díaz, Pasión Vega ou Ana Moura.
Vilanova volverá a ser punto de partida da Ruta Quetzal, que nesta edición seguirá as pegadas da raiña Urraca a Temeraria e o antigo Reino de Galicia.
Cambados organiza para este sábado 13 de xuño unha Ruta de Sendeirismo polas Fragas do Eume con motivo do Día do Medio Ambiente.
O Colexio San Tomé de Cambados acollerá o 19 de xuño "un baño de gong" organizado pola Asociación Se Chove Que Chova.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González