Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 11 11 25


Listen Later

O inicio da campaña de extracción de centola deixa xa as primeiras incautacións de marisco na ría de Arousa. Gardacostas de Galicia decomisou 340 kilos deste crustáceo a unha sola embarcación por superar os topes máximos establecidos.
A primeira xornada da centola deixou na lonxa meca prezos máximos de 34 euros por kilo para os primeiros crustáceos descargados, case cinco toneladas en total e unha facturación de 72.000 euros.
Case o 80% dos polígonos de bateas de mexillón permancecen clausurados á extracción tralos últimos peches decretados hoxe polo Intecmar debido á extensión da toxina lipofílica (diarreica).
Varios xabaríns e ata seis vehículos víronse implicados nun accidente múltiple rexistrado no tramo de vía rápida entre Sanxenxo e O Grove, á altura da parroquia de Noalla, afortunadamente sen persoas feridas.
Martín Codax recibe a aprobación ambiental da Xunta para o seu proxecto dunha planta de compostaxe na parroquia de San Salvador de Meis.
Vilagarcía abrirá o Nadal o 29 de novembro. Ese día será o acto de acendido da iluminación que se celebrará ás 19:00 horas na Praza de Galicia.
A empresa responsable do asfaltado en avenida Juan Carlos I arranxará nos próximos días o socavón situado á altura da rúa Castor Sánchez con aglomerado en frío.
As obras do novo peche perimetral do Punto Limpo de Sanxenxo avanza coa construción dun muro de contención e a mellora da canalización de pluviais.
A Policía Local de Sanxenxo adhírese á campaña da DXT de especial vixilancia e control do transporte escolar durante esta semana.
Catoira retira as pólas e árbores que están en contacto ou próximas aos cables do alumeado público ao longo de sete quilómetros de estradas municipais.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González