Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 12 02 25


Listen Later

A Policía Local de Sanxenxo tramitou dilixencias contra un conductor por triplicar a taxa de alcool e provocar un accidente na contorna da rotonda de Baltar, afortunadamente sen feridos graves.
O incendio dun televisor obriga a desaloxar de madrugada un edificio da rúa Sierra, en pleno centro histórico de Pontevedra.
Costas do Estado está disposta a asumir a rehabilitación da praia do Preguntoiro se Portos de Galicia reverte a súa titularidade.
Vilagarcía estende as celebracións do Entroido dende o sábado 1 de marzo con animación polas rúas pero elimina o Festival de Comparsas.
A Policía Local de Vilanova inicia unha campaña de “convivencia veciñal” contra deposicións de animais na vía pública e o uso de vehículos sen silenciador nos tubos de escape.
Ponse en funcionamento dende hoxe a oficina Es.mar de Pontevedra, a terceira das sete que se van a estender pola xeografía galega.
O segundo centro de capacitación dixital de Cambados, o de Vilariño, iniciará o vindeiro luns 17 de febreiro o seu funcionamento.
Sanxenxo pon en marcha nos centros educativos do municipio o programa “Bosque Atlántico” para sensibilizar ao alumnado sobre os bosques das Rías Baixas.
O Concello de Vilanova organiza un curso de “Marketing e comercio internacional” que se iniciará o 24 de febreiro no Centro de Desenvolvemento Local e será o único destas características que se imparta na comarca do Salnés.
O Auditorio Municipal de Vilagarcía acollerá este venres 14 de febreiro o musical "Un médico na aldea", que comezará ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González