Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 12 02 26


Listen Later

A Consellería do Mar admite que a mortandade do marisco nas rías debido á elevada pluviosidade pode superar o 80% rexistrado no ano 2023.
O Centro de Investigacións Mariñas elabora unha metodoloxía común para avaliar posibles mortandades derivadas da diminución da salinidade nas rías.
A corporación municipal da Illa celebra o pleno extraordinario solicitado polo PP para que se paralicen as multas emitidas por circular na zona residencial ante erros na xestión de matrículas.
Os problemas de transporte que dende hai un padecen os 165 alumnos e alumnas do colexio de Rubiáns abordarase de novo no Parlamento de Galicia da mán do BNG.
A avenida de Rodrigo de Mendoza de Vilagarcía recobra o seu habitual dobre sentido ata que pase o Entroido na cidade.
Vilagarcía ultima a elaboración do orzamento municipal para este ano que PSOE e BNG agardan aprobar neste primeiro trimestre.
Meis conmemorará o 8M, Día Internacional contra a violencia de Xénero, cunha nova Andaina Solidaria en beneficio de Adicam.
A Deputación aprobará axudas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial que repartirán preto de 90.000 euros entre 12 colectivos.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González