Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 12 03 26


Listen Later

A casa ocupada dos Duráns sufre un novo incendio que provoca o derrubamento do teito e a destrucción do seu interior.
Detidas tres persoas pola presunta agresión homófoba sufrida por un xoven esta fin de semana nunha rúa do casco histórico da cidade.
Pesar e loito en Pontevedra e na política galega pola morte do socialista Antón Louro, que faleceu este xoves aos 73 anos de idade na cidade do Lérez, onde residiu gran parte da súa vida.
O Salnés amplía o seu parque de maquinaria con tres novos vehículos destinados a reforzar as actuacións de conservación ambiental nos nove municipios da comarca.
O presidente da Deputación, Luis López, anuncia nunha visita ao adestramento do Arosa a segunda convocatoria do programa Depo Van.
Ribadumia acondiciona o tramo da Ruta da Pedra e da Auga que discorre polo municipio co fin de que se encontre en perfectas condicións cara a Semana Santa.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén en 66,4 días o tempo medio de espera para unha cirurxía ao peche do segundo semestre do pasado ano.
O Salón García de Vilagarcía acolle mañá a proxección da película "Lenny" no marco da programación conmemorativa do 50 aniversario do Cine Club Ádega.
Cambados lanza unha nova publicación da colección "Mulleres da Nosa Terra" que será distribuida entre o alumnado do municipio.
Sanxenxo celebrará a Feira de Oportunidades do 2 ao 4 de abril, coincidindo coa Semana Santa, e estreará localización na Praza do Mar.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González