Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 12 11 24


Listen Later

Xa é definitivo: o Pazo de Montesacro deixará de ser residencia de maiores de Cambados antes de Nadal. A orden relixiosa Hermanitas de los Ancianos Desamparados, propietaria do Pazo comunicou esta mañá ao alcalde Samuel Lago o peche definitivo do servizo, máis dun ano despóis de que se anunciase a saída do inmoble á venda.
Cun amplo despliegue policial pero sen incidencias e de forma voluntaria, desaloxouse esta mañá o edificio okupa do barrio de Abesadas, en Ribeira.
 
Xa están nas lonxas as primeiras centolas da tempada.
Nunha das máis cotizadas, na poxa do Grove, o crustáceo alcanzou un precio máximo que rozó los 28 euros por kilo, dous máis que o ano pasado.
O grupo municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía oponse a “malgastar” medio millón de euros na renovación das farolas do paseo marítimo por considerar que se trata dun gasto excesivo e innecesario.
Durante esta semana, a circulación pola avenida de Rosalía de Castro ao seu paso pola praza da Constitución queda lixeiramente modificada, debido ao valado que instalado diante do vello asilo.
A Escola municipal de Música de Sanxenxo comezou o curso con 224 matriculacións e lista de agarda nas especialidades de adultos.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González