Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 13 02 25


Listen Later

O sector mar industria do Salnés implícase na prevención da violencia machista.
Unha vintena de industrias conserveiras e depuradoras da comarca asistiu esta mañá á presentación, promovida dende o CIM do Salnés, da Guía lanzada dende a Xunta de Galicia para a detección no ámbito laboral de víctimas de violencia de xénero.
A rua Wenceslao Fernández Flórez, que da acceso ao barrio do Piñeiriño, abriuse esta mañá á veciñanza despóis das obras de ensanche executadas polo Concello cun orzamento de case 200.000 euros financiados con Plan Mais Provincia da Deputacion.
O BNG solicitará no Parlamento Galego, a través dunha proposición non de lei a protección do conxunto termal da Illa da Toxa como Ben de Interese Cultural.
O Concello de Meis desvelou esta mañá as actividades que este ano incluirá a programación do 8M. Unha delas volverá a ser a Andaina Solidaria cuxa recadación irá destinada á asociación Acadar, a asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca o compromiso da Xunta coa rehabilitación do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, cun investimento de 17,3 millóns de euros.
A Policía Local de Sanxenxo e a Garda Civil investigan a un conductor kamikaze, veciño de Vilanova, que se deu a fuga en Sanxenxo cun vehículo de gran cilindrada.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González