Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 13 02 26


Listen Later

A entrada dunha nova borrasca, bautizada como Oriana, a novena xa no que vai de ano, déixanos unha xornada de alerta laranxa no mar. Tregua o sábado pero novas frontes o domingo traerán máis precipitacións ao longo de toda a semana.
Empezan as primeiras citas do Entroido coa vista posta no ceo. A Illa, Meis e Cambados abren os actos na comarca.
Operativo contra o narcotráfico a pequena escala desplegado pola Garda Civil no Grove con varios rexistros.
Comezan as obras de amplicación da rede de saneamento na rúa Ameal, en Vilagarcía, cun investimento de 86.000 euros.
A Illa de Arousa reforzará a sinalización nos accesos á zona residencial para evitar calquera despiste na circulación de conductores non residentes na mesma.
O porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo queda sen amarres dispoñibles para o mes de agosto.
O Tribunal de Contas arquiva a denuncia do ex alcalde socialista Alberto García contra o goberno local de Catoira e o actual rexedor Xoan Castaño pola liquidación do orzamento de 2024.
Case unha trintena de concellos confirman a súa participación no pioneiro produto turístico Baixo o ceo das Rías Baixas,
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González