Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 14 01 25


Listen Later

Brutal asalto en Meis: a Garda Civil mantén un amplo operativo na comarca na busca dos tres individuos que sobre as 5 e media desta madrugada, encarapuchados e con lubas, asaltaron a unha parella na súa vivenda en Meis cando saían para o traballo. Segundo fontes da investigación, os asaltantes son de nacionalidade española e falaban castelán con acento galego.
"Cando Volves", a nova campaña de promoción turística das Rías Baixas que convida a redescubrir o interior da provincia. O audiovisual foi presentado en estrea hoxe nun hotel rural de Tomeza, en Pontevedra, por primeira vez antes que en Fitur.
O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisou esta mañá o avance das obras de ampliación que se están executando no Centro Integrado de FP de Fontecarmoa. Os traballos están nos pasos iniciais de
emolición, cimentación e novos forxados.
O PP de Vilagarcía reclama ao goberno local melloras no recén inaugurado acceso a Trabanca Sardiñeira para evitar que se embarre a zona.
O BNG de Vilagarcía ven de solicitar unha xuntanza co alcalde Alberto Varela co fin de comprobar o estado dos diferentes proxectos incluidos no acordo de orzamentos a iniciativa do BNG.
A instalación de xeotermia no Centro Sociocultural ubicado nas Casas Modernistas será adxudicada no primeiro trimestre deste ano. Así o comprometeu esta mañá o deputado provincial Javier Tourís ao alcalde Luis Arousa nunha xuntanza celebrada no municipio arousán.
En Vilanova xa está todo preparado para a celebración mañá mércores da festividade de San Mauro. Como manda a tradición, a degustación de callos nos diferentes locais hosteleiros da vila sumarase, un ano máis, aos actos litúrxicos.
O Belén de Valga pechou este domingo a súa edición máis exitosa con record de visitantes. Un total de 45.000 persoas achegáronse dende a primeira fin de semana de decembro a ver a montaxe navideña declarada de Interese Turístico de Galicia  
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González