A Mancomunidade do Salnés e Augas de Galicia volverán a reunirse o vindeiro martes para seguir explorando solucións contra a contaminación que ven sufrindo o rio Umia ao seu paso polo lugar de Cabanelas, en Ribadumia. O presidente comarcal David Castro apela á "sensibilidade" coas empresas.
O grupo municipal de Somos Ribadumia volve ser crítico coa xestión da Mancomunidade ante a problemática dos verquidos no Umia, lamentando “o retroceso ao punto de partida de 2016, sen solucións claras e sen que ninguén asuma responsabilidades”.
O Programa de Emprego Integrado do Salnés forma unha nova promoción de profesionais de caixeir@s reponedor@s para a súa inserción laboral en empresas de alimentación da comarca.
En Vilagarcía, as obras de mellora da seguridade viaria na
rúa Ameixeiras xa están oficialmente rematadas despois de que hoxe representantes do Concello e da Deputación formalizaran a acta de recepción.
A sociedade municipal Nauta acaba de sacar a licitación a mellora do acceso ao porto pesqueiro de Sanxenxo por un importe base de 190.750 euros e un prazo de execución de 45 días, coa previsión de que as obras poidan estar rematadas para Semana Santa.
O Concello de Ribadumia iniciou ás obras de mellora de saneamento e abastecemento nun tramo de camiño municipal do lugar de Sisenla, na parroquia de Sisán.
Dúas mozas veciñas de A Illa de Arousa permanecen ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e no Hospital do Salnés tras sufrir unha caída dun patinete.