A intensa sarabia que caeu este mediodía acompañada dunha treboada provocou en Vilanova un accidente de tráfico por alcance con tres vehículos implicados e tres persoas feridas.
A Garda Civil detivo nas últimas horas ao suposto autor dos roubos con tirón rexistrados no Grove nas últimas semanas.
A Garda Civil de Pontevedra desarticulou unha organización empresarial presuntamente dedicada á comisión de delitos de estafa e branqueo de capitais.
O futuro da empresa Coinba de Vilaxoán é a “crónica dunha morte anunciada”. O sindicato CIG asegura que a producción está totalmente parada dende o pasado novembro, sen carga de traballo e debendo á plantilla máis de tres meses de salarios.
Tres novos emprendedores teñen dende hoxe o seu propio espazo no Viveiro de Empresas do Polígono de Barro, impulsado dende a Deputación de Pontevedra.
Un total de 144 familias da comarca do Salnés foron atendidas o pasado ano pola Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar nos dous centros que o organismo ten en Vilalonga e Cambados.
Vilagarcía produciu no primeiro trimestre deste ano tres toneladas da denominada "fracción resto", "o mellor dato no que vai de século", segundo o goberno local.
A bandeira Sendeiro Azul ondea dende hoxe nas dúas rutas vilagarciáns que recibiron o galardón por segunda vez consecutiva: a Vía Verde do Salnés e a Ruta Mariñeira de Vilaxoán ao Carril.
O servizo do VaiBike de Vilagarcía volve ser obxeto das críticas da oposición.
Desta volta, o grupo municipal do PP presenta unha moción no próximo pleno “ante as continuas queixas das persoas usuarias”.
A deputada socialista Paloma Castro acusou hoxe a Xunta e PP de “tomarlle o pelo” á veciñanza de Vilagarcía por negarse a reformar as avenidas de acceso á cidade.