O plantel de Nestlé en PonteceSures volve concentrarse ante as portas da única fábrica que a multinacional ten en Galicia, coincidindo co inicio das negociacións en Barcelona entre dirección e comité de empresa.
O grupo de goberno de Vilagarcía está disposto a incluir nos orzamentos unha partida para a compra dunha parcela que permita a construcción dunha residencia de maiores pública pero elude concretar nomes.
Vilagarcía amplìa o plan de asfaltados con seis novas actuacións no rural, que chega ás 63 vías renovadas cun investimento de 1,7 millóns de euros.
A Deputación aprobou este venres na Xunta de Goberno novas achegas do Plan +Provincia 2026-2027 para os concellos de Cambados, Sanxenxo e Vilanova de Arousa por valor de preto de 610.000 euros.
A ANPA do colexio de Rubiáns, preocupada pola demora da Consellería de Educación en resolver o cambio de horario reclamado pola comunidade educativa ás portas da formalización da matrícula.
Vilanova celebra esta fin de semana, na parroquia de Caleiro, dúas citas festivas na honra de San Isidro Labrego.
A Banda de Castrelo porá de nova a música en Cambados na conmemoración do 17 de maio dentro do programa do Mes das Letras organizado polo Concello.
O campo da Senra, no Concello de Ribadumia, acollerá do 22 ao 24 de maio a fase final do Arousa Fútbol 7.