Falece un veciño de Cambados, de 31 anos, a causa dun disparo recibido no rexistro da súa vivenda en Corvillón durante un operativo contra o narcotráfico desplegado pola Policía Nacional.
Segundo a familia do falecido e o seu avogado, o mozo non estaba vinculado co narcotráfico, non tiña antecedentes e durante o rexistro nin levaba armas nin tentou fuxir.
A Garda Civil asume a investigación do caso por homicidio da que se fai cargo o xulgado de instrucción número 4 de Cambados nunha peza separada do tráfico de drogas.
Dende o Concello de Cambados, o alcalde Samuel Lago, lamenta o falecemento do xoven evitando facer calquera valoración ata que a investigación precise os feitos.
Vilagarcía porá en marcha no mes de xullo unha campaña de sensibilización para eliminar o impacto corrosivo dos ouriños e feces das mascotas en espazos.
Sen incidencias nas primeiras horas da Zona Azul na praia de Area da Secada, na Illa, unha medida que se prolongará ata o 15 de setembro con prezos que oscilan entre os 0,50 céntimos a hora e os 4,50 para todo o día, de 10 a 20 horas.
O Solo Urbanizable 27 xa é propiedade do Concello de Sanxenxo. O alcalde Telmo Martín asinou ante notaría a adquisición á Sareb da parcela de 85.621 m2 , situada en Vilalonga, que agora será cedida á Xunta para a construcción de 390 vivendas públicas.
O Grove aproba por cuarta vez a aprobación provisional do PXOM que agora camiña cara a súa aprobación definitiva. O pleno tamén aprobou por unanimidade a ordenanza propia de autocaravanas con limitacions e horarias e restriccións en zonas concretas da localidade.