Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 16 12 24


Listen Later

A violencia no deporte exténdese tamén a disciplinas como o balonmán con lamentables feitos como o acontecido esta fin de semana en Vilalonga, no partido de categoría cadete femenina entre o Sanxenxo e o Club Rasoeiro.
O avó do árbitro de encontro resultou ferido grave tras recibir un empurrón por parte do pai dunha das xogadoras do Rasoeiro que lle provocou unha caída e un golpe na cabeza.
A Garda Civil de Tráfico puxo en marcha esta mañá a campaña de Nadal para controlar o consumo de alcohol e drogas ao volante, contando coa colaboración da Policía Local dos concellos de Sanxenxo, Poio, Cuntis, Moaña, Marín e Gondomar.
Os axentes intensificarán a súa presencia con centos de controis preventivos en toda a provincia para incentivar a condución responsable e sen abuso de substancias.
En Sanxenxo, o avance das obras en A Peixeira obriga a restrinxir o tráfico na Avenida de Pontevedra desde hoxe e ata o 20 de decembro.
O cemiterio municipal de Rubiáns acollerá este mércores, día 18, o acto de descubrimento do monumento que lembrará ás vítimas da represión da Guerra Civil e que, segundo a memoria histórica, foron soterradas nunha fosa común. Rubiáns converterase así no primeiro “Lugar da Memoria Democrática de Galicia”.
O Concello de Caldas disporá de 1.452.000 euros, concedidos por parte do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, para a recuperación da Carballeira e do Xardín Botánico.Trátase dunha axuda financiada con fondos europeos Next Generation.
O Concello de Ribadumia programa para estas festas unha recollida de xoguetes para Cáritas e a segunda edición do CarNadal, que, en colaboración coa Anpa do colexio Julia Becerra Malvar, se celebrará este sábado día 21 na Praza do Concello a partir das 17.30 horas.
Como cada ano, Meis celebrará o 22 de decembro unha nova edición da Feira do Galo de Corral, que ademáis nesta ocasión contará coa visita de Papa Noel e un mercado navideño.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González