Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 17 01 25


Listen Later

Turismo de Pontevedra desembarcará a vindeira semana en Fitur cunha ampla axenda de actividades para divulgar o potencial "dunha provincia extraordinaria á que ir e volver", segundo indicaba esta mañá o presidente da Deputación, Luis López, que detallou os eventos programados pola institución provincial e que se desenvolverán no stand de TurGalicia.
A Xunta de Goberno provincial acordou o expediente para contratar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre Xil-As Covas-Barrantes cun investimento total de preto de 1,3 millóns de euros.
Luis López deu a benvida ao goberno provincial a novo deputado Ricardo Martínez, que se encargará das áreas de Novas Tecnoloxías e Contratación tras la salida para á Xunta de Isabel Couselo e anunciou a reorganización do seu equipo.
A Rúa Canto, en Sobrán, súmase ás as actuacións de mellora no rural que está a realizar o Concello de Vilagarcía, A intervención, por valor de 73.000 euros, supuxo o ensanche e pavimentación do vial, así como a construcción de bandéns para reducir a velocidade e o acondicionamiento da rede de drenaxe.
O parque empresarial de Nantes roza a metade da súa ocupación seis anos despóis da súa apertura. Segundo o Concello, o polígono volveu a crecer o pasado ano coa apertura de novas instalacións, de xeito que o 40% das parcelas xa teñen actividade ou están en fase de tramitación.
O Concello de A Illa pagará en sete anualidades de 51. 500 euros o importe de 361.000 euros que debe abonar ao Plan Nacional sobre Drogas pola adquisición de dúas parcelas embargadas a Marcial Dorado, onde prevé a construcción de vivenda pública.
Tras máis de dous anos de xestións, os 56.500 metros cadrados que conforman os terreos deportivos de O Pombal pasarán a ser de titularidade exclusiva do Concello de Cambados.
O alcalde de Catoira, Xoán Castaño, fai un chamamento á mobilización veciñal contra o que considera «improvisación continua da Xunta» en relación co proceso de concentración parcelaria iniciado hai 24 anos.
O Concello de Cerdedo-Cotobade, decretou tres días de loito oficial polo falecemento de Rita Gómez González, a veciña de Santa María de Sacos de 79 anos agredida brutalmente polo seu fillo o pasado 2 de xaneiro.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González