As celebracións do Entroido previstas para hoxe, Martes de Entroido, e tamén as da fin de semana teñen garantido a ausencia de chuvias.
Vilagarcía celebra esta tarde o seu Desfile de Entroido que se agarda multitudinario, con arredor de mil figurantes. A Policía Local recomenda evitar a circulación rodada ao seu paso pola centro da cidade e utilizar as circunvalacións e os aparcamentos disuasorios da rede Vaicar!.
Xa na fin de semana, Cambados celebrará o Desfile de Comparsas e Carrozas que o Concello decidiu trasladar para este sábado 20, a partir das 17 horas dende San Tomé e remate en Fefiñáns. Tamén terá lugar, o concerto de Take it Easy na Praza Asorey, en colaboración con Zona Centro
En Vilanova, a Festa do Momo será o domingo 22 a partir das 17 horas. O alcalde Gonzalo Duran Hermida, o presentador do evento Xacobe e o Concelleiro de Cultura Javier Tourís deron un avance do desfile no que participarán máis dunha vintena de comparsas e preto de 1.500 persoas.
Xunta e Concello de Sanxenxo asinan o convenio para a cesión dunha parcela en Noalla, no lugar de Mourelos, onde se van construir 25 viviendas de protección pública. As obras comezarán a finais de ano e rematarán en 2028.
O empresariado de Valga coñece as medidas postas en marcha este ano pola Consellería de Emprego co fin de potenciar a empregabilidade da cidadanía e a competitividade do tecido produtivo.
Vilagarcía convoca unha nova edición do premio "Igualdade de xénero, boas prácticas na Escola", que no curso 2025/26 cumpre o seus primeiros vinte anos
O PP denuncia a "inacción" do Concello de Vilagarcía e do Ministerio do Interior en relación coa narcocasa situada en Trabanca Badiña.
No Grove quedou desartellado un punto de venda de droga tras un ano de investigación por parte das forzas de seguridade.
Dous mergulladores do Grove adicados á captura de erizo foron rescatados esta mañá cando practicaban a actividade na praia de Nanín.
A Banda de Música de Castrelo ofrecerá o sábado 21 un concerto de música lírica, con fragmentos de óperas, zarzuelas e obras do repertorio galego.