As doce persoas detidas no operativo contra o narcotráfico desplegado este martes en diversas localidades do Salnés, que rematou de forma tráxica co falecemento dun veciño de Cambados, pasarán a disposición xudicial, previsiblemente, ao longo da xornada de mañá.
As rúas de Vilagarcía convértense hoxe nunha aula de aprendizaxe para as persoas asistentes á Escuela de Espacio Público da Red de Ciudades que Caminan.
Vilagarcía prevé sacar a licitación en breve a segunda fase do proxecto de mellora da accesibilidade da rúa Aquilino Iglesia.
Cambados xa ten en marcha unha nova edición do seu Obradoiro de Emprego que, nesta ocasión, estrea a especialidade de soldadura e reedita a de carpinteiría.
O Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés ven de formar a unha nova promoción na especialidade de carpinteiría de ribeira.
O CIM da Mancomunidade do Salnés impulsa a creación dun protocolo comarcal para a atención de emerxencia de fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero.
O ciclo de cine “Fantasio na Rúa” regresa de novo este verán a Vilagarcía con 14 proxeccións gratuitas ao aire libre e estendéndose tamén polas parroquias.
Sanxenxo celebra a súa I Gala de Turismo poñendo en valor o compromiso do sector pola calidade, a excelencia e a sustentabilidade a través dos 55 distintivos Sicted.