Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 18 02 25


Listen Later

Un total de 243 mulleres foron atendidas por casos de violencia de xénero ao longo do pasado ano no CIM do Salnés. A entidade comarcal organiza para este 8M actividades ao longo do mes de marzo nos cinco concellos baixo a campaña “A nosa historia facémola nos”.
O Concello de Vilagarcía opta a novos fondos europeos por importe de 6,4 millóns de euros con cinco proxectos que, de conseguir as achegas, deben estar executados antes de que finalice o ano 2029.
Augas de Galicia está a realizar traballos de restauración fluvial na bacía do río Umia -nos concellos de Cuntis, Moraña e Forcarei- para mellorar o comportamento da zona ante posibles inundacións.
O sector crítico das mariscadoras a pe da Confraría do Grove reúnense hoxe para estudar novas medidas tras non ser aprobada a posibilidade de constituirse en agrupación.
Sanxenxo inclúe na programación do 8M un curso de autodefensa feminino gratuíto que se celebrará entre o 5 e o 12 de marzo, de 9 a 13 horas, na Casa de Cultura de Adina.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González