Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 18 02 26


Listen Later

O tempo sigue condicionando as celebracións do Entroido, algunhas das citas aguantaron as malas condicións meteorolóxicas pero noutras non quedou máis remedio que aplazalas.
A Policía Local da Illa de Arousa investiga os danos rexistrados na noite do luns en catro lonas da carpa do Entroido instalada na praza do Regueiro.
Tralo Desfile de Entroido, a avenida de Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, volve a ter sentido único, dende a glorieta da Mariña Española ata o rotonda da Luz Salgada, en dirección á Florida.
A Mancomunidade do Salnés consolida o seu liderato nacional como mellor destino Petfriendly de España despóis de culminar a segunda fase do proxecto comarcal.
Vilagarcía reclama do goberno de España que aumente o persoal de Correos para garantir un correcto servizo na cidade.
Portos de Galicia prevé iniciar a renovación dos pantaláns pesqueiros e mexilloeiros de Vilanova de Arousa nesta primavera cun investimento de 100.000 euros.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González