Pasan a disposición xudicial nos xulgados de Vilagarcía as doce persoas detidas na operación contra o narcotráfico desplegada esta semana en varias localidades do Salnés na que se incautou un alixo de 50 kilos de cocaína.
A Garda Civil dá os primeiros pasos para clarexar as circunstancias do acontecido no rexistro da vivenda en Corvillón, que acabou coa morte dun cambadés de 31 anos por un disparo da Policía Local.
Vilagarcía leva a pleno a contratación da limpeza dos edificios municipais por 3,8 millóns de euros en dous anos.
A firma vilagarciá Troquiña será a encargada da renovación da pasarela de madeira sobre o río Tripeira, na praia da Concha por case 20.000 euros e un prazo de execución de dous meses.
A Illa de Arousa instala un lector de matrículas nos accesos ao Bao para controlar os estacionamentos das autocaravanas no espazo habilitado por 24 horas.
Cambados debate mañá en pleno extraordinario os orzamentos municipais para este ano que ascenden á "cifra record" de 11,3 millóns de euros.
O PP de Cambados anuncia o seu rexeitamento ao proxecto de orzamentos por "decepcionantes" e contemplar un "elevadísimo" 43% en gastos de persoal.
O BNG solicitará explicacións no Parlamento sobre o traslado da ambulancia medicalizada a Sanxenxo en xullo e agosto e solicitará que se dote dunha segunda unidade a Sanxenxo e O Grove durante o verán.
CCOO denuncia que a oficina de Correos de Vilagarcía afronta un verán de "colapso" por falta de persoal.
A Xunta instala 18 paneis informativos en na contorna do río Gallo, en Cuntis, identificados polo risco de inundación para concienciar á cidadanía e recomendar pautas de actuación.