Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 19 02 25


Listen Later

A estrada provincial entre Carracedo e Catoira volveu ser escenario dun accidente. Un camión cargado de conserva saiuse da vía, perdendo o control do vehículo nunha das curvas e envorcou en medio da calzada impedindo a circulación en ambos sentidos. O conductor resultou ferido leve.
Investíganse as circunstancias dun incendio rexistrado a pasadada madrugada no que quedaron calcinadas unhas 130 nasas de pesca apiladas ao aire libre na zona portuaria de Ribeira. As perdas están valoradas en máis de 4.000 euros.
Detido por violencia machista un veciño de Pontevedra de 29 anos que recoñeceu agredir a súa exnoiva, de 25, cun coitelo e a unha amiga súa cando tentaba defendela.
O grupo do BNG na Deputación de Pontevedra ven de presentar unha moción para que o organismo provincial reforce a súa área de Igualdade.
Os taxistas de Vilagarcía reunidos co goberno local para abordar o traslado da parada de Conde de Vallellano cando se execute a súa reforma coinciden en que "a mellor solución alternativa é a contorna da Alameda, a mesma que dende o principio propuxo o concello", segundo indican fontes municipais.
Vilagarcía acondicionará un novo acceso á Vía Verde dende a rúa Charco en Cea.
Vilanova solicita á Xunta o arranxo das deficiencias de humidades existentes nos centros de saúde da vila, tanto no ubicado no centro urbano como no de Baión.
A Illa de Arousa proxecta a restauración e integración paisaxística do piñeiral do Furado, en Cabodeiro, onde a acción do mar está provocando un deterioro progresivo da zona.
O lavadoiro e a fonte de Sobreira, en Meis, lucen imaxe renovada tralos traballos de rehabilitación executados a través dunha achega de 30.000 euros da Xunta de Galicia.
Chega este sábado a Vilagarcía a nova obra da compañía Ibuprofeno Teatro, baixo o título de ‘Reconversión’.
A Concellería de Igualdade Cambados organiza un novo curso de Mindfulness trala "gran acollida, demanda e o interese suscitado por esta disciplina na sua primeira edición".
O Concello de Ribadumia programa para este domingo 23 de febreiro unha proposta sobre a tradición do Entroido galego.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González