Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 19 05 26


Listen Later

Unha muller resultou ferida esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado na estrada PO-548, que une Vilagarcía con Pontecesures, á altura de Bamio, ao carón da gasolineira.
Unha colisión entre dous vehículos rexistrada a primeira hora desta mañá na autovía AG-41, ao seu paso polo municipio de Sanxenxo, saldouse con dúas persoas feridas e complicacións no tráfico.
Cambados acolleu esta mañá a campaña lanzada dende a Subdelegación do Goberno, xunto coa Xefatura Provincial de Tráfico e a Garda Civil cara á prevención de atropelos de persoas maiores.
A Mancomunidade do Salnés pecha o seu Plan Nacional de Turismo iniciado en 2022 cun Foro destinado á busca de productos que permitan aumentar a desestacionalización.
Cambados dá novos pasos cara a rehabilitación da praza de abastos. A diagnose sobre a situación do mercado e o proxecto arquitectónico deben estar finalizados en decembro deste ano.
Vilagarcía presenta recurso contra a Autoridade Portuaria trala decisión que impide continuar as obras de conexión entre o parque Miguel Hernández e a nueva zona verde de O Ramal.
Sanxenxo volve a reforzar durante o verán o servizo da Policía Local mediante 26 auxiliares que superaron o proceso de selección.
O investigador cambadés Gumersindo Feijoo Costa ingresará este mércores como académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias.
A Fundación Residencia Divina Pastora, en Vilagarcía, recibe a placa que a distingue como beneficiaria da última edición do programa Provincia +Inclusiva.
A Asociación Cultural Terra Calda e o Concello de Caldas impulsan un proxecto cultural e patrimonial co fin de crear unha estatua conmemorativa dedicada a Afonso VII.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González