Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 20 01 25


Listen Later

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acolle hoxe un novo intento no xuizo por contrabando de tabaco contra a presunta organización que, segundo a Fiscalía, dirixía o exalcalde de Ribadumia, xa falecido, José Ramón Barral Martínez.
A partir de hoxe, e ata novo aviso, sete municipios da comarca do Salnés están afectados polo nivel alto de risco de gripe aviar, decretado polo Ministerio de Agricultura.
O goberno de Vilagarcía considera unha "tomadura de pelo" a actitude da Xunta de Galicia ante a reivindicación de que se dote á cidade dunha estación intermodal.
A veciñanza de Catoira afectada pola concentración parcelaria agarda unha pronta reacción por parte da Xunta para que dote ao procedemento, iniciado hai xa 25 anos, de máis inversión e medios.
O Concello de Meis da o primeiro paso para impulsar a constitución da primeira Comunidade Enerxética do municipio. A alcaldesa Marta Giráldez recibiu hoxe a visita do deputado Javier Tourís coa oficina móbil do programa +Renovables.
O alcalde de A Illa de Arousa, Luis Arosa, solicitará formalmente unha reunión con Portos de Galicia para abordar os procesos pendentes de reversión de uso e titularidade de terrenos litorales como a Praza de O Regueiro e a zona de O Campo, nas inmediacións da Casa Consistorial. 
O grupo municipal do BNG exprésase disconforme coa convocatoria do pleno extradordinario para o próximo 27 de xaneiro no que se abordará a aprobación provisional do PXOM, tralo informe favorable de Patrimonio outorgado no mes de outubro.
Sanxenxo prepara a súa presencia en Fitur a partir deste mércores revalidando ser, un ano máis, o referente turístico do norte de España: case 780.000 viaxeiros chegaron o pasado ano ao municipio, o que supón un 2,7% máis con respecto a 2023.
Vilagarcía pon en marcha una nova edición do programa de Inclusión e Capacitación Dixital dirixido a maiores de idade residentes en Vilagarcía.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González