Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 20 02 25


Listen Later

Alianza da oposición do Grove en apoio do Festival Son do Mar. PP, EU e BNG respaldan conxuntamente a celebración do evento musical na zona do Corgo, un emplazamento que o Concello rexeita por considerar que elimina prazas de aparcamento en plena época turística.
Ribadumia celebra un Pleno inicialmente extraordinario e finalmente urxente para aprobar a conta xeral de 2023 na que se inclúen achegas que se deben xustificar antes de mañá 21 de febreiro, de ahí a súa urxencia, segundo xustifica o grupo de goberno.
Estacionar nas zonas de carga e descarga foi a infracción máis denunciada pola Policía Local de Vilagarcía durante o ano 2024, segundo a memoria elaborada polo departamento de tráfico.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Vilagarcía de Arousa denuncia o estado no que se encontra a rúa de A Rosa, en Carril.
A Illa de Arousa proxecta a reforma do patio cuberto da Escola Infantil a través dunha subvención solicitada á Xunta de Galicia por importe de 48.000 euros, ive incluído.
A comarca do Salnés acollerá un total de 68 Accións Formativas para Desempregados promovidas pola Xunta de Galicia por importe de dous millóns de euros e que se realizarán nos concellos de Vilagarcía, Sanxenxo, Cambados, Vilanova e A Illa de Arousa.
O Concello de Sanxenxo atendeu un total de 808 incidencias recibidas a través da aplicación Meu Concello dende que entrou en funcionamento o pasado mes de xullo.
A Deputación de Pontevedra acolleu este xoves a celebración do Pleno do Consello de Contas de Galicia que por primeira vez se realiza fóra da súa sede en Santiago.
Vilagarcía abre o prazo de presentación de candidaturas para elixir ao Mellor Deportista Local do Ano.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González