Podcast AROUSA SI RADIO

AROUSA NOTICIAS 20 05 26


Listen Later

O grupo de goberno de Vilagarcía contará co apoio do BNG para aprobar no pleno deste mes de maio os orzamentos municipais para este ano de 41,6 millóns de euros cunha partida de 1,6 millóns para a compra dunha parcela destinada a residencia de maiores pública.
A Xunta de Galicia saca a licitación por 1,9 míllóns de euros a construcción de 10 vivendas de promoción pública proxectado en Marxión nunha parcela municipal de 675 metros cadrados cedida polo Concello de Vilagarcía.
Vilanova proxecta unha inspección de seguridade "completa e exhaustiva" sobre a pasarela peonil do Terrón para supervisar o seu estado e comprobar posibles deficiencias ou puntos a mellorar.
O Solifest do Piñeiriño, en beneficio do Centro Princesa Letizia conseguiu recadar un total de 11.438 euros, o 50% máis que na anterior edición.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos mobilizará a máis de medio cento de persoas voluntarias no Salnés para a súa Recollida de Primavera os días 5 e 6 de xuño.
O Concello de A Illa de Arousa e a asociación Mulleres Rurais convocan a veciñanza a participar no 4ª Día en Familia este sábado, 23 de maio, a partir das 17:00 horas na Praza do Regueiro.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast AROUSA SI RADIOBy Pury González